Dragon Quest

Dragon Quest (ドラゴンクエスト) é unha saga de videoxogos pertencente ao xénero dos RPGs. En América do Norte o título era Dragon Warrior ata a saída de Dragon Quest VIII. A súa primeira parte foi creada polo deseñador de videoxogos xaponés Yuji Horii para a videoconsola de Nintendo chamado Family Computer System (NES en Europa e América). Saíron xogos desta saga para Famicom (NES), Super Famicom (Super Nintendo), Game Boy Cor, Game Boy Advance, Nintendo DS, PlayStation e PlayStation 2. Espérase ademais que saia esta serie para a PlayStation 3 e a Nintendo Wii para o 2007. Os primeiros Dragon Quest foron producidos pola compañía Enix, ata que en 2003 esta fusionouse con Squaresoft, dando lugar a Square Enix.

Esta saga de xogos caracterízase por varios elementos:

  • Cando o protagonista se dirixe a un PNX, só aparece na fiestra de texto a resposta do PNX, non o que di o propio protagonista.
  • É común que se poida capturar monstros e utilizalos como personaxes controlables.
  • Segue o sistema de combates consistente en mostrar imaxes frontais dos monstros e varios menús que nos permiten elixir as accións a seguir. Os protagonistas non aparecen durante o combate, xa que se asume que o combate é en primeira persoa. Este sistema de combate é idéntico ao do tamén RPG Phantasy Star. Isto cambiou coa saída de Dragon Quest VIII, no que se pode ver como os personaxes ou os inimigos atacan.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search